Noticias

Horta Teodoro e Larpeiros

Os rapaces do programa Larpeiros da TVG viñeronnos a facer unha entrevista para coñecer un chisco máis acerca das bondades do porco Celta e a súa crianza. Acollémolos con moita ledicia e pasamos todos un día estupendo.
Poderemos ve-lo programa que gravaron, o vindeiro Xoves 26 de Marzo ás 22:00 na Televisión de Galicia.

Mercado de la Cosecha

¡¡ Unha boa nova!! A Horta de Teodora foi invitada polo Mercado de la Cosecha xunto con outros participantes para falar sobre a nosa experiencia de volver ó rural para emprender o noso proxecto. Mercado de la Cosecha é unha iniciativa da Corporación Fillos de Rivera, Gadis e R, co fin de impulsa-la competitividade de Galicia mediante o desenvolvemento socioeconómico do medio rural.
Os Parladoiros serán o próximo Venres 13 de Marzo no Teatro Rosalía de A Coruña a partir das 17:00 horas.

 

A Horta en Criaturas

Os nosos animais están feitos unhas estrelas. O programa Criaturas da Televisión de Galicia visitounos fai un tempo e nos fixo unha pequena reportaxe. Podedes ver este programa en la web de la televisión de Galicia.

A Horta en Silleda

Entre os días 12 e 15 de Xuño de 2014 estivemos nun stand da 37 Feria Internacional Semana Verde de Galicia. Achegouse moita xente interesada e nos encantou atendervos a todas e todos. Moitas gracias por vir, e agardamos volver pronto.